sábado, 24 de diciembre de 2011

Noiteboa


O Neno ten moito sono, pero non durme que non, que non.
Non deixa que a sua naiciña, o poña no berce, que non, que non.
Pois cando se durme nos brazos, desperta no berce despois...
¡E iso, si que non! Non quere dormir soiño, e dice que non, que non, que non.
O Neno ten moito sono, pero non durme que non, que non.
Queria xogar cos pastores, e non durmire que non, que non.
A nai o agarima no colo, mortiño, xa istá que se cai... Pero din que non.
Un ollo vailo pechando, o lo-outro si cadra, xa lo pechou...
Que non, que non que non, que non non quer durmirse, que non...
O neno queduse durmindo a Virxe un pouquiño tamen.
A cousa mais grande do mundo, e, o Neno durmindo e a nai xunto a el.
Que non, que non... que non, que non... que non quer durmirse que non.

O neno ten moito son, pero non durme que non, que non.

No hay comentarios:

Publicar un comentario